Ata o camiño máis longo comeza cun pequeno paso,
axudámoste a dalo

Psicoloxía infantil

Apoio educativo e psicolóxico que axude os nenos a buscar as súas propias ferramentas de aprendizaxe emocional e escolar, acompañando tanto a familia coma ao neno

Psicoloxía para adolescentes

Apoio psicolóxico para adolescentes, axudándolles a resolver seus conflitos, comprender, xestionar e expresar as súas emocións de forma sa e axeitada.

Psicoloxía para adultos

Acompañamento personalizado para axudarte a aumentar o teu potencial, mellorar como persoa, ou simplemente facer a túa vida mellor e máis feliz,

Especialistas en Intervencións
Asistidas

Poñemos a disposición das familias e usuarios todos os servizos necesarios para realizar unha intervención multidisciplinar, proporcionando unha mellora da calidade de vida dende o primeiro día. Facemos realidade un modelo de intervención integral e personalizado, para facer máis felices os nosos pacientes.

O Noso Centro

No noso centro de terapia, Espazo Trece, ofrecémosche un ambiente acolledor e cómodo para recibir aos nosos pacientes. O noso equipo de profesionais altamente formados comprométese a proporcionarlle unha intervención eficaz e personalizada. Contamos con especialistas en diversas áreas, entre elas a psicopedagoxía e a psicoterapia, para axudarche no teu camiño cara a unha vida máis autónoma e independente Se buscas un centro comprometido co teu benestar, non dubides en contactar connosco. Estamos aquí para axudarche.

"Axudáronme co meu fillo, e agora a súa concentración e as notas na escola melloraron moito"

"Tratáronme tan ben que me fixeron sentir como na casa, recoméndoos totalmente"

Para nós es único e a túa terapia tamén o será.

Garantimos unha intervención eficaz incluso nos máis pequenos xa que contamos con persoal especializado nesta materia e a nosa presenza no Red Autonómica de centros de Atención Temprana (RCDIAF).

Programa Digital Kit cofinanciado polos fondos Next Generation (UE) do mecanismo de recuperación e resiliencia.

gl_ESGalego
Ir o contido